miércoles, 25 de abril de 2018
MULLERES DA RAIA NOS CINEMAS EN BRAGA
0 comentarios
CICLO CINEMA LUSO-GALEGO: MULLERES, PATRIMONIOS, SOCIEDADE
Este ciclo de cine luso-galego ten como obxectivo promover o intercambio
cultural entre Galicia e o norte de Portugal. A primeira edición,
centrada fundamentalmente no cine galego e de fronteira, celébrase na
cidade de Braga onde se localiza o Centro de Estudos Galegos, un dos
colaboradores do mesmo e promotores iniciais da iniciativa. Para tal
fin, e coa vontade de estabelecer lazos que conecten ambas realidades,
escollemos tres fíos conductores, interrelacionados entre si, que
remiten a temáticas transversais e, polo tanto, que procuran unha
difusión de amplo espectro da actividade que entronca con diferentes
aspectos que son de plena actualidade e preocupación social: a situación
social das mulleres, as sociedades rurais, o seu empoderamento e a súa
relación co patrimonio.
Propoñemos un ciclo estruturado en tres xornadas nas que se proxecte un
ou varios materiais audiovisuais, seguidos dun debate-coloquio no que se
contará coa participación dos directores ou directoras, o público e
unha figura representativa de algunha das institucións organizadoras. As
institucións implicadas son Universidade do Minho (UMinho), a través da
Vicerrectoría da Cultura e Sociedade e o Centro de Estudos Galegos, o
Consello da Cultura Galega e a Xunta de Galicia, a través da Secretaría
Xeral de Política Lingüística.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)