martes, 28 de noviembre de 2017
Ciclo Memoria e Muller en Vedra
"Mulleres da Raia" proxectarase o vindeiro sábado 2 de decembro as 20h. en Vedra.
O ciclo Memoria e Muller, co que colabora o Concello de Vedra,
achega a través de tres documentais e un drama a memoria de mulleres,
que en situacións moi diferentes amosaron coraxe. A idea dos filmes
deste ciclo é rescatar do esquecemento o papel das mulleres na
renovación pedagóxica durante o franquismo, na resistencia ás ditaduras
sudamericanas, na febre do volframio en Galicia durante a II Guerra
Mundial e na loita pola supervivencia durante os estraperlos na
fronteira con Portugal. O pasado sábado xa se emitiu o drama baseado en
feitos reais Migas de Pan, que conta a historia dunha expresa
política da última ditadura de Uruguai. O sábado 2 de decembro, ás 20.00
horas emitiranse na casa da cultura de Santa Cruz de Ribadulla, os
documentais A luz do negro (sobre a febre mineira na II Guerra Mundial) e Mulleres da raia
(unha viaxe as fronteiras de Portugal e Galicia). Durante o ciclo
estarán presentes as protagonistas, actores e directoras dos filmes para
presentalos e conversar.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario