martes, 28 de noviembre de 2017

Ciclo Memoria e Muller en Vedra

0 comentarios

"Mulleres da Raia" proxectarase o vindeiro sábado 2 de decembro as 20h. en Vedra.
O ciclo Memoria e Muller, co que colabora o Concello de Vedra, achega a través de tres documentais e un drama a memoria de mulleres, que en situacións moi diferentes amosaron coraxe. A idea dos filmes deste ciclo é rescatar do esquecemento o papel das mulleres na renovación pedagóxica durante o franquismo, na resistencia ás ditaduras sudamericanas, na febre do volframio en Galicia durante a II Guerra Mundial e na loita pola supervivencia durante os estraperlos na fronteira con Portugal. O pasado sábado xa se emitiu o drama baseado en feitos reais Migas de Pan, que conta a historia dunha expresa política da última ditadura de Uruguai. O sábado 2 de decembro, ás 20.00 horas emitiranse na casa da cultura de Santa Cruz de Ribadulla, os documentais A luz do negro (sobre a febre mineira na II Guerra Mundial) e Mulleres da raia (unha viaxe as fronteiras de Portugal e Galicia). Durante o ciclo estarán presentes as protagonistas, actores e directoras dos filmes para presentalos e conversar.

Próxima estación: Edimburgo

0 comentarios


"Mulleres da Raia" segue o seu camiño. Despois de Vedra viaxa ata Edimburgo para participar no proxecto "Contested Identities" promovido por Beyond Borders Scotland e a University of Glasgow. Un día para pensar, descubrir outras culturas e maneiras de sentir, por en común e dialogar arredor da identidade. E o punto de partida son as palabras da poeta irlandesa Eavan Boland: ‘What is this thing – a nation – that is so powerful it can make songs, attract sacrifice and so exclusive it drives into hiding the complex and sceptical ideas which would serve it best?’
http://www.beyondbordersscotland.com/events-detail.php?uid=271511787893