martes, 26 de abril de 2011

MULLERES DA RAIA ABRE O CICLO "CREADORAS GALEGAS DE IMAXE"


Do 25 ao 27 de abril celebrarase en Lugo o ciclo de cinema "Creadoras Galegas de Imaxe"

O salón de actos da sede da Deputación de Lugo acollerá unha mostra significativa da creación máis actual nos xéneros cinematográficos de ficción, documental e animación (curta e longametraxe), coordinado por Margarita Ledo Andión e Encarna Otero Cepeda, e organizado pola Comisión de Igualdade do Consello da Cultura Galega en colaboración coa Deputación de Lugo.

O ciclo abrirá hoxe coa proxección de ‘Mulleres da Raia’. No mesmo día tamén se proxectarán ‘Cienfuegos, 1913’, de Margarita Ledo Andión; ‘Gato encerrado’, de Peque Varela; e ‘Illa Pedra’, de Adriana Páramo e contará coas creadoras para un coloquio posterior.

Mañá será a quenda de ‘As damas negras’, de Sonia Méndez; ‘Os fabulosos irmáns da luz’, de Olaia Sendón, e ‘A semente’, de María Reimóndez.

Remata o ciclo o mércores con ‘Linguas cruzadas’, de María Yáñez e Mónica Ares; ‘Cousas do Kulechov’, de Susana Rey, e ‘O mito de Venus’, de Cristina Castro, Carmen Costa, Nuria López, Jacobo Rey e Silvia Roca.



1 comentarios:

Eurico Luz dijo...

Muito interessante o primeiro episódio, hoje na TV Galisa. Um documento histórico!