sábado, 17 de abril de 2010

MULLERES DA RAIA RECIBE O PREMIO MESTRE MATEO AO MELLOR DOCUMENTAL DA ACADEMIA GALEGA DO AUDIOVISUAL






Mulleres da Raia, finalista na VIII edición dos Premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual na categoría de Documental. Esta comunicación chegou no mes da Primavera, na semana do meu aniversario que celebraba a miña maneira, filmando nun taller documental a segunda parte dun retrato que está en construcción. A boa nova marzal, inesperada, levoume aos meus primeiros pasos no documental, a intensidade daqueles dias nos que todo era incerto. Longas horas de autoformación e kilómetros sen conta. Un forte compromiso coa memoria e unha dedicación sen medidas. Paso a paso, de vagar, para que os xestos e as palabras xurdisen de dentro. Paseniño pero sen perdelo ritmo da constancia. Estas mulleres abrironme o camiño e os ollos ó mundo. Agora, non podo volver atrás.

Mulleres da Raia resultou gañadora do Premio Mestre Mateo ó mellor Documental 2009. A forza delas acompañoume naquela noite de recoñecemento. O premio é das Mulleres da Fronteira que construíron comigo esta historia de superviventes, como somos todos nos días de hoxe. É de todos aqueles que acreditan nun discurso cinematográfico que se articula sobre a realidade. É de todos os que me teñen amparado nesta travesía cinematográfica. Sigo remando para contar historias, con vós e para vós.

Gracias aos compañeiros da profesión polo seu recoñecemento.



4 comentarios:

Anónimo dijo...

A ver si algunha sala se anima a proxectar este documental e podemos disfrutalo.

Anónimo dijo...

Ola, gustaríame moito conseguir este documental, como podo facer? pódese mercar? Graciñas

Diana Gonçalves dijo...

Un soño poder proxectar na sala de cinema, ese é o lugar natural do filme, pero o orzamento de mínimos deste proxecto non permite o inflado a 35mm, non temos capacidade financeira, e a distribución tampouco se presenta fácil, non hai moito interese por parte das empresas distribuidoras. Espero que a situación cambie e poida darvos unha boa nova nun futuro próximo.

Gaspar Francés {KönTRaGaSPy} dijo...

Si señor Diana! Muchisimas felicidades! Te lo mereces...por todo tu esfuerzo y entusiasmo...
ENHORABUENA!!!
Te keremos...
Sigue luchando...