viernes, 21 de octubre de 2011

MULLERES DA RAIA PECHA O "OUTONO FEMINISTA"

0 comentarios


Este sábado 22 de outubro celébrase o OUTONO FEMINISTA EN MONDOÑEDO, o I Encontro Feminista que terá lugar na Mariña de Lugo.

O Observatorio da Mariña pola Igualdade organiza unha xornada de debate cultural, un encontro para todas e todos no que se poña en valor o traballo desenvolto polas mulleres galegas no ámbito cultural, entendendo a cultura como factor dinamizador dun pobo, dunha sociedade, tanto no aspecto económico -pola riqueza que se xera no territorio- como de formación da cidadanía nunha serie de valores.

Neste primeiro encontro participarán galegas referentes nas distintas áreas culturais, no eido musical, literario e audiovisual: Carmen Blanco, Marica Campo, Teresa Moure, Guadi Galego, Olga Nogueira, Ugia Pedreira, Margarita Ledo, Carmen Rábade e Diana Gonçalves que pechará a xornada de reflexión e debate coa proxección do seu filme “Mulleres da Raia”.