miércoles, 28 de abril de 2010

HOXE MULLERES DA RAIA E POSTERIOR DEBATE NA TVG AS 00:45




Mulleres da Raia, o documental da fronteira vaise emitir hoxe na Televisión Galega no horario de madrugada. Despois do partido da Champions League e da comedia lixeira de Adam Sandler, veremos se os espectadores teñen fólego para o filme e posterior debate no programa Galicia Doc. É unha boa nova que a televisión pública aposte pólo xénero documental e aproveite o espacio de conversa que provoca o cinema de realidade, como instrumento de análise da construcción da nosa comunidade e diagnóstico da nosa actualidade. Pero de novo, limítase o acceso a este tipo de programas co horario marxinal asignado na grella de programación. O público que padece de insomnio ou o que no dia seguinte non se ergue cedo para traballar, como os 236.000 parados en Galicia, poderán ter certa predisposición para dixerir o discurso televisivo as 00:45h da madrugada, 23:45h para os espectadores do pais veciño. O tratamento dos programas culturais como productos residuais é contrario ó servicio público que a televisión de todos ten a obriga de cumprir. Unha constante na televisión pública cando ten unha responsabilidade cos cidadáns e un compromiso de calidade coa sociedade.

Lin unha vez do mestre do documental brasileiro, Eduardo Coutinho, que o documental foi, é , e sempre será marxinal. Eu non quero ter esa proxección de futuro para o xénero, pero o circuito pechado dos festivais, a presencia pouco relevante na TV, e as continuas limitacións impostas no proceso creativo pola propia industria, son fortes barreiras para o crecemento dunha nova xeración de documentalistas que ten serias dificultades para crear e sobretodo, para chegar ó público. Non construímos as historias para nós, as historias son para outros. Creo que o documental por sobradas razóns merece outra atención. Pero mesmo así, é un dia para celebrar, a cultura transfronteiriza de Galicia-Portugal e a nosa realidade en común terán representación na nosa tele.

Parabéns a Galicia Doc.

Hai esperanza.

7 comentarios:

Gaspar Francés {KönTRaGaSPy} dijo...

Ya queda menos para verlo...estoy hasta nervioso...jejjee
Mucha suerte!
Bikos

Gaspar Francés {KönTRaGaSPy} dijo...

K timo! Son mas de la una y media y na de na...K ha pasado?

Diana Gonçalves dijo...

El partido de fútbol se retrasó y arrastró toda la programación, es la fuerza de las masas.Pero finalmente a la 1:18 comenzó la emisión. En fin...

Diana Gonçalves dijo...

OBRIGADO por las continuas muestras de apoyo. La amistad sale a flote en estas circunstancias. Nada tendría sentido sin amigos al lado como tú. Ojalá nos encontremos muy pronto.

Yo sigo con la lucha y hoy con ojeras.

O BAR DO OSSIAN dijo...

Abraço lusitano!

Anónimo dijo...

SOY MARLENE GONÇALVEZ Y QUIERO CONOSER A DIANA GONÇALVEZ ESTOY DE ACUERDO CON ELLA QUIERO UNA FOTO TULLA QUE CREO CONOSERTE

farraloca dijo...

Noraboa polo premio Mestre Mateo. Eu vin o documental no Festival de Ourense.